venres, 22 de novembro de 2013

Os voluntarios


Aquí temos aos voluntarios de sexto. Este será o seu terceiro curso axudando a xestionar os préstamos da biblioteca, colocando e ordenando os libros nos andeis, colaborando cos seus compañeiros máis pequenos. O grupo foi minguando en membros segundo ían medrando en idade, pero sabemos que a súa vontade de axudar non seguiu o mesmo camiño, e que son cada vez máis sabios e eficientes. 


Un ano máis tarde incorporáronse os compañeiros que agora están en 5º. Colaboran coa mesma ilusión que o primeiro día, e procuran aprender algo novo cada recreo. 

Os dous grupos víronse sorprendidos este curso porque o seu traballo está a ser recoñecido nun novo programa impulsado desde a Asesoría de Bibliotecas. A súa colaboración desinteresada vaise ver aumentada polo programa "Voluntariado de lectura- A". Agárdannos uns meses con moitas novidades...