venres, 22 de decembro de 2017

Shiva e Martín

Do 18 ao 21 de decembro estiveron de axudantes Shiva e Martín. Os dous deron remate a este primeiro trimestre de Voluntariado. Grazas por tanta ilusión e traballo. 


















 

venres, 15 de decembro de 2017

Sara, Johana e Bruno

Do 11 ao 15 de decembro estiveron de axudantes de biblioteca Sara, Johana e Bruno. Grazas polo voso traballo.

















xoves, 7 de decembro de 2017

Sara, Diego e Antía

Do 27 de novembro ao 1 de decembro estiveron de axudantes de biblioteca Sara, Diego e Antía. 
Para Antía foi a súa primeira experiencia. Sara e Diego xa estiveron o curso pasado de auxiliares. Grazas polo voso traballo.

luns, 27 de novembro de 2017

Paula, Lucas e Tatiana

Do 20 ao 24 de novembro estiveron de Axudantes de biblioteca Paula, Lucas e Tatiana. 
Paula é a máis veterana. Lucas e Tatiana estiveron o curso pasado de auxiliares e este ano ascenderon de categoría. Os tres fixeron un bo traballo. Como ao resto dos compañeiros, a semana pasoulles voando. 
O martes tocoulles repartir o correo da Curuxa para anunciar a actividade do 25N. 
Grazas polo voso traballo.                                                                  

















luns, 20 de novembro de 2017

Marta e Andrea

Do 13 ao 17 de novembro estiveron de axudantes de biblioteca Marta e Andrea. A Marta gústalle moito ser bibliotecaria, este curso é a súa segunda experiencia. 
Para Andrea é a primeira vez pero aprende moi rápido. Pasoulles a semana voando, dixeron que lles gustaría continuar outra semana máis. 
Moitas grazas polo voso traballo.























/