domingo, 26 de marzo de 2017

Eloy e Lara

Na semana de 20 ao 24 de marzo foi a quenda de Lara e Eloy. Desde que empezamos cos apadriñamentos lectores hai moito traballo na biblioteca. Tanto a Lara coma a Eloy gústalles e dáselles moi ben ordenar os libros nos andeis. Grazas polo voso traballo.





















venres, 24 de marzo de 2017

Apadriñamentos

Desde que empezaron os apadriñamentos lectores, na biblioteca hai moito movemento de libros, uns entran, outros saen... Os padriños e madriñas escóllennos para os seus afillados con moita ilusión. Así dá gusto!

xoves, 23 de marzo de 2017

Claudia e Alpha

Do 13 ao 17 de marzo estiveron de axudantes de biblioteca Claudia e Alpha. Os dous xa son veteranos e levaron o traballo con moi bo ritmo. Tocoulles repartir correo da Curuxa. Grazas pola vosa ilusión e polo voso traballo.









domingo, 12 de marzo de 2017

Apadriñamentos

O "Voluntariado D" tivo reunión o martes, 7 de marzo, na biblioteca co obxecto de lembrar criterios para escoller libros e formas de lerlles aos pequenos. O venres, 10 de marzo, empezaron os Apadriñamentos. O alumnado voluntario, madriñas e padriños, tiñan todo preparado para o momento. Escolleron os libros na biblioteca para ler aos afillados e estaban pendentes do toque do timbre da hora de ler para ir ás aulas de infantil e 1º ciclo. 
Laura, a mestra de 1º e 2º decidiu facelo fóra, no patio, porque o día estaba soleado. Rosa, a mestra de infantil, pensou que, ao ser o 1º día, mellor facelo na aula. 
Moitas grazas ós padriños, ás madriñas, ós afillados e ás titoras.